Benvida a Cyclos

¡Estamos creando unha economía local radicalmente humana!


¿Tes algo que aportar?

Somos unha comunidade aberta con moeda propia en Santiago de Compostela.


Logramos unha economía con valores mediante un deseño centrado na creación monetaria pola comunidade mediante democracia directa.

O valor da nosa moeda dasllo ti aceptándoa a cambio do teu traballo. Ter Sabias dache un dereito así que temos que garantizar que ben o mereces.

Mediante esta aplicación e a súa versión para móvil podes utilizar a nosa moeda, a Sabia.

Para comezar só tes que dar a coñecer o que ofreces no mercado online e intentar gañar as túas primerias Sabias.

¡O teu compromiso e valentía serán recompensadas!


Literalmente, porque utilizamos a moeda que creamos para coidar de ti, que eres quen respalda o seu valor. Con cada moeda que tes na conta estás compartindo os riscos co proxecto e iso vale moito.

Na marxe superior dereita tes a opción de rexistrarte se é a primeira vez que utilizas a moeda ou acceder se xa tes un usuario e contrasinal. Recoméndoche usar un xestor de contrasinais como este (https://clipperz.is/app/) para non ter que recordar moitas contrasinais diferentes. Podes ver neste vídeo como rexistrarte e como utilizar a Sabia no teu día a día:

(Vídeo pendente de facerse)

Unha vez que estes rexistrada podes descargar a app Cyclos 4 (Android e Apple) e introducir communities.cyclos.org/ASabia para utilizar a Sabia convenientemente dende o móvil.
Máis información
Se queres saber máis sobre este proxecto visita a nosa web:
http://asabiacompostela.wordpress.com/

e ponte en contacto con nós:
ASabia@protonmail.com